PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – DECRETO 2021-1545 DE NOMEAMENTO DE NOVO INTEGRANTE DE X.G.L. E MODIF. TENENCIAS ALCALDÍA

DECEMBRO 2021 – DECRETO 2021-1545 DE NOMEAMENTO DE NOVO INTEGRANTE DE X.G.L. E MODIF. TENENCIAS ALCALDÍA

DECRETO 2021-1545 DE NOMEAMENTO DE NOVO INTEGRANTE DE X.G.L. E MODIF. TENENCIAS ALCALDÍA

Resolución da Alcaldía

Nomeamento de nova integrante da Xunta de Goberno Local e de Tenente de Alcalde

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.11.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) nomeáronse Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local.

O artigo 52.1 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro establece que a Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde, que a preside, e os Concelleiros nomeados libremente por el como membros da mesma.

O artigo 52.2 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro determina que o número de Concelleiros aos que o Alcalde pode nomear membros da Xunta de Goberno Local, non poderá ser superior ao tercio do número legal de membros da Corporación. Aos efectos do cómputo non se terán en conta os decimais que resulten de dividir por tres o número total de concelleiros.

Tendo en conta o anterior a Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados pode estar integrada pola Alcaldesa, que a preside, e cinco concelleiros/as.

O artigo 52.3 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro establece que o alcalde pode cesar libremente, en todo momento, a calesquera membros da Xunta de Goberno Local.

O artigo 46 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro determina que os Tenentes de Alcalde serán libremente nomeados e cesados polo Alcalde entre os membros da Xunta de Goberno Local.

En uso das atribucións que me confiren os artigos 21.2 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local; os artigos 61.2 e 62.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 46.1 e 52 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

1. Cesar á concelleira Dª Mª Cruz Leiro Peña como integrante da Xunta de Goberno Local e 4ª Tenente de Alcalde.

2. Nomear ao concelleiro D. Fernando Patricio Rey como novo integrante da Xunta de Goberno Local quedando conformada polos seguintes membros:

D. Constantino Cordal Rodríguez

D. Samuel Lago Ozón

D. Xurxo Charlín Trigo

Dª Milagros Martínez Piñeiro

D. Fernando Patricio Rey

2. Nomear carta tenente de alcalde a Dª Milagros Martínez Piñeiro e quinto tenente de alcalde a D. Fernando Patricio Rey coas funcións que a este cargo atribúen os artigos 23.3 da Lei 7/1985 de 2 de abril, 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de administración local de Galicia e 47 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro

3. Do presente decreto darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, publicarase no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á súa sinatura.

Cambados