PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA COBERTURA DUNHA VACANTE DE LETRADO/A-ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2020

DECEMBRO 2021 – CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA COBERTURA DUNHA VACANTE DE LETRADO/A-ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2020

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA COBERTURA DUNHA VACANTE DE LETRADO/A-ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2020

ANUNCIO

Faise pública a Resolución da Alcaldía de 10 de decembro de 2021 pola que se con-voca proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcio-nario de carreira, dunha vacante de letrado/a-asesor/a xurídico/a incluída na oferta de emprego público do ano 2020

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 10 de decembro de 2021, prestou aprobación ás Bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de letrado/a-asesor/a xurídico/a incluída na oferta de emprego público do ano 2020

De conformidade coas competencias atribuídas a esta Alcaldía pola lexislación de réxime local,

RESOLVO:

1.Convocar o proceso selectivo para a cobertura da praza que a continuación se sinala:

1158.png

2.Publicar no Boletín Oficial da Provincia as Bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de letrado/a-asesor/a xurídico/a incluída na oferta de emprego público do ano 2020

3.Proceder, unha vez publicada a presente convocatoria e o contido íntegro das súas bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia, á publicación dun anuncio indicativo da dita publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.

A data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado será a data a partir da cal comezará a contar o prazo de 20 días naturais para a presentación de solici-tudes de participación no proceso selectivo convocado.

DOCUMENTO ASINADO E DATADO ELECTRÓNICAMENTE

RECURSOS PROCEDENTES.- Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa publicación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, consonte ó disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.