PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

DECEMBRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

PROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

(Exp: 4208/2021)

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 195, de data 8 de outubro de 2021, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 30 de setembro de 2021, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de distribución de auga, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“PREÁMBULO

O Pleno do concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga

ARTIGO 5- Cota tributaria

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

1354.png

1435.png

1485.png

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Cambados, a 29 de novembro de 2021.