PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – ANUNCIO COBRANZA SERVIZO AXUDA NO FOGAR SETEMBRO 2021

DECEMBRO 2021 – ANUNCIO COBRANZA SERVIZO AXUDA NO FOGAR SETEMBRO 2021

ANUNCIO COBRANZA SERVIZO AXUDA NO FOGAR SETEMBRO 2021

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PREZO PUBLICO SERVIZO AXUDA NO FOGAR correspondentes a Remesa: SAF BASICO SETEMBRO 2021 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 7 de Decembro de 2021 ata o 21 de Febreiro de 2022, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades bancarias:

— ABANCA

— CAIXABANK

— BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.