PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – Anuncio de resultado final do proceso selectivo convocado para a cobertura dunha praza de oficial de administración da escala de administración xeral, subescala auxiliar e proposta de nomeamento como funcionario de carreira

DECEMBRO 2021 – Anuncio de resultado final do proceso selectivo convocado para a cobertura dunha praza de oficial de administración da escala de administración xeral, subescala auxiliar e proposta de nomeamento como funcionario de carreira

Anuncio de resultado final do proceso selectivo convocado para a cobertura dunha praza de oficial de administración da escala de administración xeral, subescala auxiliar e proposta de nomeamento como funcionario de carreira

Reunido o Tribunal Cualificador comprobouse que a totalidade dos aspirantes que superaron os dous primeiros exercicios contan co nivel de coñecemento de galego esixido pola Base 3ª f) polo que, na súa virtude, atópanse exentos da realización do terceiro exercicio.

En cumprimento do disposto na Base décima do proceso selectivo, faise pública a relación de aspirantes que superaron todos os exercicios da oposición e as súas puntuacións finais totais:

PROPOSTA DE NOMEAMENTO:

De conformidade coa Base décimo segunda da convocatoria, o Tribunal Cualificador propón o nomeamento como funcionario de carreira para ocupar unha praza de oficial de administración da escala de admnistración xeral, subescala auxiliar a D. Victor Lorenzo Abelleira Argibay.
Requirir ao aspirante seleccionado para que, no prazo máximo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do presene anuncio no taboleiro de edictos da sede electrónca municipal e na web municipal, aporte a seguinte documentación:

Declaración responsable na que fará constar e manifestará (sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer):
-Aceptación expresa do nomeamento
-Seguir reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo.
-Non estar incursa en causa algunha de incapacidade, nin de incompatibilidade, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da
vacante convocada
-Non estar en situación de separación, mediante expediente disciplinario, do servizo nas administracións públicas, nin de inhabilitación para o exercicio de empregos públicos, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da vacante convocada
-Certificado médico, asinado por un colexiado en exercicio, no que consta expresamente que se dispón da capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións e tarefas correspondentes, para acreditar o cumprimento do requisito de participación disposto no apartado e) da base 3 das bases reguladoras
-Número de afiliación á seguridade social
-Certificación da conta bancaria na que se farían os seus ingresos nominais

Se no prazo e forma indicados (agás nos casos de forza maior debidamente motivados, que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía), non presentara a documentación requirida, ou da mesma se deducira que non reúne os requisitos esixidos, non poderá ser nomeada, e entenderase renuncia/desestimento dos seus dereitos
inherentes; e ilo sen prexuízo das responsabilidades nas que, de ser o caso, puidera incorrer por falsidade. E a Alcaldía proporá e resolverá, con arranxo á orde de prelación resultante da
puntuación acadada no proceso selectivo, o nomeamento dun/dunha integrante da relación de aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo (e que conformarán a bolsa de emprego
temporal).

A presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Anuncio resultados finais e proposta de nomeamento praza de oficial de administración (OEP_2017)