PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2021 – RESOLUCIÓN APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR, DATA DA SÚA CONSTITUCIÓN E DE INICIO DO PROCESO SELECTIVO VACANTES QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA

NOVEMBRO 2021 – RESOLUCIÓN APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR, DATA DA SÚA CONSTITUCIÓN E DE INICIO DO PROCESO SELECTIVO VACANTES QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA

RESOLUCIÓN APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR, DATA DA SÚA CONSTITUCIÓN E DE INICIO DO PROCESO SELECTIVO VACANTES QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA

Resolución da Alcaldía

Expediente 3909/2021

Vistas as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas nas OEP de 2017 e 2020.

Visto que mediante acordos da Xunta de Goberno Local do 31.12.2017 (BOP nº 13 de 18.01.2018) e 23.12.2020 (BOP nº 250 de 30.12.2020) aprobáronse as ofertas de emprego público para os anos 2017 e 2020.

Visto o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 07.07.2021, pola que se aprobaron as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna de diferentes vacantes contidas na OEP de 2017 e 2020

Visto a Resolución da Alcaldía do 08.07.2021 pola que se convocan procesos selectivos e se da publicidade ás Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas na OEP de 2017 e 2020 publicada no BOP n.º 148 de 04.08.2021.

Visto que se publicou extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 154 do 12 de agosto de 2021 e anuncio no Boletín Oficial do Estado nº 200 de 21.08.2021.

Visto que mediante Resolución da Alcaldía do 24.09.2021 (BOP nº 194 de 07.10.2021) aprobouse a lista provisional de admitidos e excluídos sen que se presentase alegación a este respecto.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes en cumprimento do disposto na base sétima do proceso selectivo,

RESOLVO:

1. Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluídos dos procesos selectivos:

a) Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna:

NÚMERO

APELIDOS E NOME

DNI

ESTADO

1

Mondragón Treviño, Mª del Mar

3*4*8*5**

Admitida

2

Rodríguez de la Torre, Mª José

*5*8*8*0*

Admitida

b) Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna (funcionarización):

NÚMERO

APELIDOS E NOME

DNI

ESTADO

1

Pérez Santos, Mª Gema

3*4*5*2**

Admitida

2

Rial Costa, Manuel

3*4*9*2**

Admitido

c) Unha praza de Administrativo/a Intervención, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso–oposición, en quenda de promoción interna (funcionarización).

1

Gónzález García, Alejandro

*5*6*3*7**

Admitido

2. Designar a composición do Tribunal Cualificador que se integrará polos seguintes membros:

Presidente:

Dª Ana María Fole Pintos da escala de administración xeral, subescala técnica sendo a súa suplente Dª Paula Cacabelos Otero da escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

Vocais:

Dª Rogelio Andrés Torres Núñez da escala de administración xeral, subescala administrativa sendo a súa suplente Dª Yolanda Osorio Alvaro da escala de administración xeral, subescala administrativa.

D. Javier Braña Cid da escala de administración xeral, subescala administrativa sendo o seu suplente D. Aitor Iglesias Monzón da escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

Dª Trinidad Lorenzo Lema da escala de administración xeral, subescala administrativa sendo o seu suplente Narciso Boullosa Túñez da escala de administración xeral, subescala administrativa.

Secretario:

D. Miguel Rodríguez de Vicente-Tutor da escala de funcionarios de administración local de carácter nacional sendo a súa suplente Dª María Ángeles García Villaverde, da escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

O Tribunal Cualificador reunirase o vindeiro martes 23.11.2021 ás 9:30 horas para a celebración da súa sesión constitutiva e ás 10:00 horas da mesma data para o inicio do proceso selectivo (que se inicia coa avaliación de méritos da fase de concurso) no salón de Plenos do Concello de Cambados (Praza do Concello 1 36630 Cambados).

4. Os sucesivos anuncios sobre puntuación e realización das probas/exercicios da fase de oposición, así como aqueloutros anuncios que poidan proceder, efectuarase no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) e no Portal de Transparencia da web municipal (www.cambados.es); agás o nomeamento final como funcionario/a de carreira, que será obxecto de publicación, no BOP e no DOG, así como no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) (sen prexuízo da pertinente notificación ao/á interesado/a).

5. Ordenar a publicación da presente Resolución no BOP, no Taboleiro de Anuncios do Concello ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) así como no Portal de Transparencia da web municipal (https://cambados.es).

Recursos procedentes.- Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, ao amparo do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

Cambados