PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2021 – FUNDACIÓN CONDADO TABOADA, SOLICITUDE DE CONCESIÓN DUN CAUDAL DE AUGA NO LUGAR DE CORTIÑAS, PARROQUIA DE VILARIÑO (SANTO ADRIÁN), CONCELLO DE CAMBADOS

NOVEMBRO 2021 – FUNDACIÓN CONDADO TABOADA, SOLICITUDE DE CONCESIÓN DUN CAUDAL DE AUGA NO LUGAR DE CORTIÑAS, PARROQUIA DE VILARIÑO (SANTO ADRIÁN), CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Fundación Condado de Taboada, co NIF ****0797, solicita de Augas de Galicia a concesión dun caudal de auga de 14 504,00 m3/ano, procedente de tres (3) pozos e catro (4) mananciais, no lugar de Cortiñas, parroquia de Vilariño (Santo Adrián), no concello de Cambados (Pontevedra), con destino a rega.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Expediente: DH.A36.18061
As características do aproveitamento son:

SOLICITANTE: Fundación Condado de Taboada

CAUDAL: 14504,00 m3/ano

DESTINO: rega

ORIXE: Tres (3) pozos (P1 a P3) e catro mananciais (M1 a M4) nas seguintes parcs. do catastro de Cambados:

P1 e M1 na parc. 288 do pol. 5

M2 e M3 na parc. 401 do pol. 4

P 2 e M4 na parc. 257 do pol. 5

P 3 na parc. 140 do pol. 5

LUGAR: Cortiñas

PARROQUIA: Vilariño

CONCELLO: Cambados

Descrición:

A auga procedente de P1 bombéase a caseta próxima dende onde se distribúe para rega por goteo das parc. 288 pol. 5 e 401, 556 e 557, pol. 4. A auga de M1 a M3 cáptase en arquetas aros formigón Ø 1,0 m, 2,0 m prof. e condúcese ata depósito aberto formigón na parc. 286, pol. 5, dende onde se distribúe para rega por inundación das parcs. 282, 283, 285, 286, 292, 293 e 294, pol. 5. Dende P2 e P3 bombéase auga cara a balsa de acumulación escavada na parc. 140, pol. 5. Da balsa condúcese a auga a caseta de bombeo da que parte sistema goteo para rega das parcs. 140 e 257, pol. 5. A auga de M4 cáptase en arqueta aros formigón Ø 2,0 m, 7,0 m prof.

O que se fai público, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º de Vigo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Vigo, o xefe do Servizo Territorial de Augas de Galicia (P.S. Resoluc. dirección Augas de Galicia do 20.02.2017) – Alberto Bosquet Herreros (Sinatura dixital)