PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2021 – EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN FORZOSA

NOVEMBRO 2021 – EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN FORZOSA

Obra: Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de
accidentes na estrada PO-549,
Treito: Puntos quilométricos 8+000 a 9+800
Clave: PO/17/143.06
Termo Municipal: Cambados

Resolución do 05 de novembro de 2021 do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se acorda realizar o pagamento do xustiprezo do xurado por expropiación para a obra: “Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO549, puntos quilométricos 8+000 a 9+800”, de clave: PO/17/143.06 no concello de Cambados.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do xustiprezo de xurado dos bens e dereitos afectados polas obras: ” Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, puntos quilométricos 8+000 a 9+800”, de clave: PO/17/143.06, no concello de Cambados que figuran expostos no taboleiro de anuncios do concello.

O pago realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos dez (10) días hábiles, no que todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe fixado depositarase na Caixa Xeral de Depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, (Avda. Victoria Moreno 43, 1º, 36.003 Pontevedra), mediante presentación electrónica, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

RELACIÓN DE PROPIETARIOS QUE SE CITAN
Obra: Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de
accidentes na estrada PO-549
Treito: Puntos quilométricos 8+000 a 9+800
Clave: PO/17/143.06
Termo Municipal: Cambados

Titular/es: Predio/s

FERREIRO PORTAS, DAVID: 8
GONZÁLEZ MARQUÉS, IRENE: 10
MOYA CORDONES, ERNESTO
NÚÑEZ MOSQUERA, RAMÓN: 7
NÚÑEZ NOGUEIRA, ALEJANDRO
PIÑEIRO OTERO, JORGE ENRIQUE: 12
SANTOS PORTAS, BENITO: 13
TRIGO DAPORTA, MANUEL: 14

Anuncio pag. xustiprezo obra clave PO-17-143.06