PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2021 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR, OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2017

NOVEMBRO 2021 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR, OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2017

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR, OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2017

Anúnciase que o Tribunal Cualificador, por orde da súa Presidencia, ven de convocar aos/ás aspirantes que superaron o primeiro exercicio para a realización do segundo exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio, o vindeiro venres 12 de novembro ás 10:00 horas na Escola de Cantería da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con dirección na Rúa Illa do Santo 2, 36005 (Poio).

Consonte a base novena do proceso selectivo o exercicio consistirá no desenvolvemento dun ou mais supostos prácticos, realizados con ordenador e inherentes ás funcións propias da praza, dirixidos a valorar o coñecemento e manexo ofimático (concretamente procesador de texto e follas de cálculo) en entorno LibreOffice, e con arranxo ás instrucións facilitadas ao efecto.

O exercicio será determinado polo Tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de 30 minutos.

A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao Tribunal determinar cales son os coñecementos mínimos requiridos para alcanzar esta puntuación mínima.

Anuncio de convocatoria do segundo exercicio proceso selectivo oficial de administración (OEP_2017)