PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – DILIXENCIA DE CELEBRACIÓN DE SORTEO PÚBLICO DIRIMINDO O EMPATE DAS OFERTAS PRESENTADAS, PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE ANALÍTICAS E CONTROIS DO COMPOST PRODUCIDO, PARA O PROXECTO DE BIORRESIDUOS DE CAMBADOS

OUTUBRO 2021 – DILIXENCIA DE CELEBRACIÓN DE SORTEO PÚBLICO DIRIMINDO O EMPATE DAS OFERTAS PRESENTADAS, PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE ANALÍTICAS E CONTROIS DO COMPOST PRODUCIDO, PARA O PROXECTO DE BIORRESIDUOS DE CAMBADOS

DILIXENCIA

Na Oficina do Servizo de Contratación do Concello de Cambados, reúnense o día 25/10/2021, ás 11.00 horas, Mar Mondragón Treviño e Gema Pérez Santos, oficiais de administración, co fin levar a cabo o sorteo público para dirimir o empate producido entre as dúas ofertas económicas presentadas, para a realización dos traballos de “ANÁLITICAS E CONTROIS DO COMPOST PRODUCIDO PARA O PROXECTO DE BIORRESIDUOS DE CAMBADOS”, e que se describen seguidamente:

EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A.

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

– Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella

1.089,00 €

UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

– Análise microbiolóxico: Escherichia coli e Salmonella

1.089,00 €

ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO (*)

– Elementos NPK simples (Nitróxeno, Fósforo e Potasio).

271,20 €

(*) A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, indica na súa oferta, que non realiza análises microbiolóxicos, polo que non se terá en conta ao non cumprir co totalidade do obxecto do contrato.

A celebración do presente sorteo foi anunciado na páxina web do Concello e comunicado aos interesados, o pasado día 22/10/2021.

Seguidamente procédese a introducir nun recipiente as dúas papeletas que conteñen os nomes dos ofertantes (EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A. UNIVERSIDADE SANTIAGO COMPOSTELA), para dirimir o empate e efectuar proposta de gasto a favor da que resulte seleccionada.

Realizada a extracción, resulta seleccionada a empresa EUROFINS AGROAMBIENTAL, S.A.