PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DELEGANDO NO TTE. DE ALCALDE D. CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ O 30/09/2021 POR CUESTIÓNS DE SAÚDE

OUTUBRO 2021 – RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DELEGANDO NO TTE. DE ALCALDE D. CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ O 30/09/2021 POR CUESTIÓNS DE SAÚDE

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DELEGANDO NO TTE. DE ALCALDE D. CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ O 30/09/2021 POR CUESTIÓNS DE SAÚDE

Tendo en conta a imposibilidade de asistir ao Pleno ordinario de data de hoxe, 30.09.2021, e por cuestións de saúde resulta preciso habilitar a miña substitución por parte do Primeiro Tenente de Alcalde.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

RESOLVO

1º. Nomear Alcalde Accidental ao Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez desde a data de sinatura da presente Resolución e durante a data do 30.09.2021.

2º. Dar conta do presente decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.

Documento asinado electrónicamente.