PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – APROBAC. DEFINITIVA REGULAMENTO CONCES. AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL

OUTUBRO 2021 – APROBAC. DEFINITIVA REGULAMENTO CONCES. AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL

APROBAC. DEFINITIVA REGULAMENTO CONCES. AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL

Publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 144, do 2 de agosto
de 2021, anuncio relativo á aprobación inicial, polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 22.07.2021, do “REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL”, e rematado dito período sen que se teñan presentado reclamacións ou alegacións contra o mesmo, entendese elevado a definitivo o acordo adoptado, ata entón provisional, e procede a publicarse o texto íntegro do referido Regulamento aos efectos da súa entrada en vigor.

REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL
DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

LIMIAR

Os Servizos Sociais municipais teñen como unha das súas funcións e tarefas a de proporcionar atención e axuda a persoas que atravesan unha situación vital de dificultade, derivada, a meirande parte das veces, da imposibilidade de facer fronte a determinados gastos que, ou ben son necesarios para o mantemento dunha forma de vida compatible coa dignidade, á que toda persoa ten dereito, ou que incluso son precisos, en determinadas ocasións, para a supervivencia.

O Concello de Cambados tiña reguladas estas axudas na Ordenanza Reguladora da prestación municipal de axudas para situación de emerxencia social do Concello de Cambados, publicada no BOP nº 16 de 26/01/2016.A visión social dos servizos sociais e a evolución no tratamento e satisfacción das necesidades de emerxencia social fai necesario proceder a unha nova regulación destas, que se adapte ao que lle pide a sociedade, a unha administración eficaz e eficiente.

É por iso que existe a necesidade de reformular novamente o actual regulamento de medidas contra a exclusión social, dándolle un novo enfoque en positivo “pola inclusión”, reformando e adaptando as medidas que hai na actualidade ao novo contexto socio económico que hai no pais, e potenciando e incrementando todas estas medidas necesarias para unha maior e necesaria cohesión social. Ademáis, deixa a porta aberta a novas medidas que se poidan ir engadindo dende Servizos Sociais.

A súa competencia vén determinada de conformidade co previsto na Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, reformada pola Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sostentabilidade da Administración Local, que atribúe aos municipios no artigo 25.2.e a competencia propia de avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, especificamente no artigo 21.º.1.º, indica que “son prestacións económicas do sistema galego de Servizos Sociais as achegas en diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñen como finalidade, entre outras, apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social”, entre elas, conforme ao artigo 21.º.2, “b) As axudas de emerxencia e necesidade social”.

Nunha situación de crise estrutural coma a actual increméntase a demanda de recursos económicos e sociais, evidénciase a insuficiencia dos existentes, amplíase o perfil de persoas solicitantes e aumentan as necesidades detectadas dende o Concello de Cambados, polo cal resulta preciso unha modificación do instrumento normativo.

Esta ordenanza artéllase respectando o marco normativo vixente en materia de subvencións, nomeadamente a partir do artigo 2.2.a da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conforme ao cal non teñen o carácter de subvención as prestacións previstas no artigo 2.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, destinadas a persoas físicas, e as prestacións autonómicas de natureza similar a estas ou de carácter asistencial.

Artigo 1.- Obxecto

É obxecto do presente Regulamento a regulación das Axudas Municipais de Emerxencia Social destinadas a persoas ou familias empadroadas e residentes no Concello de Cambados.

Enténdese por Axudas de Emerxencia Social ao conxunto de axudas e prestacións económicas destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia, reforzar procesos de integración familiar e inclusión social e previr situacións de exclusión social.

A finalidade destas bases é dar resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade, xeradas por emerxencia individual ou familiar derivadas de gastos específicos de carácter básico (alimentación, hixiene,e limpeza, vestimenta, vivenda, uso básico da vivenda e equipamento da mesma, pagamento de recibos, pagamentos de servizos de limpeza, pagamentos de productos farmacéuticos e tratamentos de odontoloxía, lentes ou audífonos, adquisición de electrodomésticos o mobiliario básico, pago de desprazamentos de urxencia,axudas para pago de aloxamentos alternativos, e outros gastos excepcionais.

As axudas de Emerxencia Social Municipais, en caso necesario, deben formar parte dun proxecto de intervención social, encamiñado a superar a situación de necesidade que se prantexa.

Artigo 2.- Tipoloxía das axudas

2.1. Alimentación, produtos de hixiene e limpeza, vestimenta.

Baixo este concepto poden desagregarse dous tipos de axudas:

a) Axudas destinadas á compra de alimentos, con especial atención á adquisición de perecedoiros (como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social) e de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimentarias prescritas por persoal facultativo (persoas celíacas, diabéticas ou con outras necesidades).

b) Axudas destinadas á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda e de produtos de aseo persoal.

c) Axudas destinadas á vestimenta.

2.2. Uso de vivenda

a) Débedas adquiridas polo pago de aluguer, cando o importe de cada cota sexa inferior a 450 euros e a débeda non sexa superior a seis cotas.

b) Pagamento de débeda de hipoteca, de maneira excepcional, cando o importe de cada cota sexa inferior a 450 euros e a débeda non sexa superior a seis cotas.

2.3. Pagamento de recibos.

Axudas destinadas a evitar a perda de subministracións básicas da vivenda e a paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibos de electricidade, leña ou equivalentes, gas, gasóleo
ou auga.

No caso de recibos de electricidade será requisito imprescindible que a persoa usuaria sexa beneficiaria do bono social ou xustificar o inicio do trámite.

2.4. Pagamento de servizos de limpeza.

Dende os servizos sociais comunitarios poderá proporse de oficio a financiación dos gastos derivados da contratación de empresas de servizos de baleirado, limpeza e desinfección de vivendas de persoas usuarias afectadas pola Síndrome de Dióxenes ou situación de
similar natureza.

2.5. Pagamento de produtos farmacéuticos e tratamentos de odontoloxía.

a) Axudas destinadas ao pagamento de produtos farmacéuticos prescritos polo persoal facultativo especialista ou polo persoal médico de atención primaria, en ambos casos, do servizo público de saúde.

b) Axudas destinadas ao pagamento, de forma excepcional, de tratamentos odontolóxicos non financiados polo servizo público de saúde, sempre que estea xustificada a súa necesiade por motivos de saúde, mediante informe médico do servizo de odontoloxía do SERGAS.

2.6. Adquisición de electrodomésticos básicos, mobiliario e enxoval da vivenda.

a) Electrodomésticos básicos.

b) Mobiliario e enxoval da vivenda

2.7. Pagamento de desprazamentos Axudas destinadas ao pagamento de desprazamentos, non cubertos polo SERGAS, a recursos asistenciais ou sanitarios públicos, fóra do propio municipio.

2.8. Pagamentos de lentes e audífonos e produtos de apoio.

Axudas destinadas ao pagamento total ou parcial de audífonos para aquelas persoas que teñen diagnosticado un déficit auditivo e teñan prescrita esta axuda técnica. Tamén se lle financiará a compra de lentes a persoas con déficit visual diagnosticado e que necesiten o seu uso, así como os produtos de apoio prescritos polo facultativo do SERGAS.

2.9. Axudas para o pago de aloxamento alternativo.

Axudas destinadas para o pago dun aloxamento alternativo (hostal, pensión…), cando sexa imposible a permanencia da persoa no seu domicilio habitual por situación de catástrofe e/ou situación persoal, familiar, sanitaria ou social técnicamente valorada polo/a Traballador/a Social de referencia dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello.

2.10. Outros gastos excepcionais.

Cobertura de gastos excepcionais derivados de necesidades non recollidas nos anteriores apartados non cubertas por outro tipo de prestación ou axuda, e previa valoración técnica dos Servizos Socias, tales como desprazamentos de urxencia, enterramentos, etc.

2.11. Gastos derivados do proxecto de intervención social individualizado.

Artigo 3.- Beneficiarios/as.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas, as persoas físicas ou unidades familiares de convivencia empadroadas e residentes no Concello de Cambados, que se atopen nun estado de necesidade recoñecido polos Servizos Sociais Comunitarios no momento da solicitude e sempre que cumpran cos requisitos esixidos para a súa concesión.

Enténdese como Unidade de Convivencia independiente ás persoas que viven soas, e no seu caso, ó conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico.

Artigo 4.- Requisitos Xerais das persoas beneficiarias

4.1. Ser maior de idade ou menor emancipado.

4.2. Estar empadroado/a e residir no termo municipal de Cambados de xeito ininterrompido cunha antelación mínima de 6 meses á data da solicitude.

Deste período mínimo están exentos:

a) Os/as solicitantes que acrediten unha situación de emigrante retornado.

b) Persoas acollidas en aloxamentos institucionais.

c) No caso de valoración positiva do/a Traballador/a Social de referencia

4.3. Non ter concedidas, no mesmo exercicio, axudas polo mesmo concepto por parte doutro organismo, entidade ou Administración Pública, salvo casos excepcionais con valoración técnica do/a Traballador/a Social de referencia.

4.4. Non ter solicitado ningún membro da unidade familiar de convivencia unha axuda económica de Emerxencia Social Municipal para a mesma finalidade, nos últimos doce meses: salvo en casos excepcionais nos que a necesidade sobrevida requira atención urxente e inmediata.

4.5. Carecer de medios económicos para facer fronte á necesidade de urxencia, de acordo cos baremos do artigo 5.

4.6. Atoparse en situación de necesidade segundo valoración técnica do/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Cambados.

Artigo 5.- Requisitos económicos dos/as beneficiarios/as.

Considérase que non se dispón de medios económicos suficientes con que atender total ou parcialmente ós gastos específicos de carácter básico, cando:

a) Non dispoña de aforros bancarios iguais ou superiores ao IPREM.

b) Os recursos económicos mensuais (unha vez descontados, no seu caso, os gastos procedentes da vivenda habitual (préstamo hipotecario ou aluguer), ata un máximo de
300 €/mes), non superen os límites establecidos na seguinte táboa:

1928.png

A partir de unidades familiares de 6 membros, incrementarase o límite económico no 5% do IPREM* por cada membro.

Artigo 6.- Cómputo de medios económicos

Os medios económicos computaranse de conformidade ao seguinte:

O total de ingresos que perciba nos 3 meses anteriores á formulación da solicitude, o/a solicitante e as persoas que constitúan a unidade de convivencia, en concepto de salarios, rendas, pensións, retribucións, prestacións, axudas, subsidios ou calquera outra; exceptuando as libranzas por adquisición de servizos, as becas de estudo, as deducción de Facenda e as dietas.

Artigo 7.- Contía das axudas

As contías das axudas estableceranse tendo en conta os seguintes límites:

1943.png

* IPREM mensual

As contías máximas mensuais das axudas de alimentación e produtos de hixiene e limpeza establécense da seguinte forma:

1957.png

En todo caso, este tipo de axuda será incompatible con calquera prestación destinada para a mesma finalidade (RISGA, IMV, TARXETA MOEDEIRO, etc)

O cómputo anual de todas as axudas recollidas neste artigo (exceptuando as de alimentación e produtos de hixiene e limpeza) por unidade familiar non poderá ser superior ó 300%
IPREM/mensual.

Soamente concederá unha axuda anual por concepto, agás no caso de alimentación e produtos de hixiene e limpeza.

Artigo 9.- Documentación

Requiriranse a documentación que o/a Traballador/a Social de referencia considere oportuna, e en todo caso deberán presentar:

* Copia do DNI ou pasaporte do/a solicitante e dos membros da unidade de convivencia

*Titulo de familia numerosa, se é o caso

* Volante de convivencia actualizado

* Libro de familia, se é o caso

* Xustificante de ingresos da unidade de convivencia:

• Extracto bancario ou fotocopia da libreta dos derradeiros 6 meses

• Declaración IRPF

• Nóminas

• Certificado de pensións, prestacións etc.

* Tarxeta de demandante de emprego

* Contrato de alugueiro/hipoteca

* Copia da sentencia de separación ou divorcio e do convenio regulador

* Orzamento dos gastos para os que se solicita a axuda

Artigo 10.- Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

10.1. A solicitude, acompañada da documentación requirida, presentarase no Rexistro de Entrada do Concello para o seu traslado ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.

10.2. O/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios procederá ao estudo do expediente e a súa posterior valoración social para levar a cabo a proposta de intervención social.

A resolución de concesión da axuda de emerxencia social corresponderá á Alcaldía ou órgano en quen delegue, previo informe do/a Traballador/a Social de referencia dos Servizos Sociais Comunitarios.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.

Artigo 11.- Obrigas das persoas interesadas

As persoas solicitantes destas axudas e a unidade familiar están obrigadas a:

a) Comunicar por escrito aos Servizos Sociais Comunitarios todas aquelas variación ocorridas na súa situación socio-familiar, económica e laboral que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude, nun prazo máximo de 10 días.

b) Destinar a cantidade percibida aos fins para os que foi concedida.

c) Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais Comunitarios para avaliar a súa situación socio-familiar e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que foi concedida.

d) Reintegrar os importes concedidos cando non se apliquen para os fins para os que foron concedidos.

e) Aceptar e cumprir os compromisos que, no seu caso, se establecerán no proxecto de intervención social, elaborado polo/a Traballador/a Social de Referencia. Este proxecto poderá suscribirse mentres estea a axuda vixente.

Artigo 16.- Extinción da axuda concedida

Serán causas de extinción da axuda concedida:

a) Non destinar a axuda para o fin establecido.

b) Incumprir o Proxecto de Intervención Social, de ser o caso.

c) Falsear ou ocultar de datos para obter ou conservar o dereito á axuda.

d) Perder as circunstancias que deron orixe á súa concesión.

e) Darse de baixa do Padrón Municipal o non residir efectivamente no Municipio.

f) Non presentar as facturas ou documentación requiridas.

g) Cumprir o prazo da duración da prestación económica.

h) Exercer mendicidade, prostitución e demais prácticas delitivas.

i) Falecer.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA

Este texto derroga expresamente as Bases para a concesión de axudas de emerxencia social dentro do programa básico de inserción social (BOP nº 16 de 26.01.2016).

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

2025.png
2065.png
2106.png
2146.png
2186.png
2228.png
2269.png
2309.png
2349.png
2389.png
2429.png
2471.png