PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – REVOCACIÓN DA DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TTE. DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ, POR CAUSAR ALTA NA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL

OUTUBRO 2021 – REVOCACIÓN DA DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TTE. DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ, POR CAUSAR ALTA NA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL

REVOCACIÓN DA DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TTE. DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ, POR CAUSAR ALTA NA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL

Resolución da Alcaldía

Mediante Resolución da Alcaldía do 15.09.2021 nomeouse Alcalde accidental do Concello a D. Constantino Cordal Rodríguez ata que causase alta na situación de incapacidade temporal.

Visto que se me expediu alta na situación de incapacidade temporal e que, polo tanto, xa non concorre a causa da delegación conferida.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

RESOLVO:

1º.—Revocar a delegación efectuada no Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez.

2º.—Dar conta do presente Decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.

Documento asinado electrónicamente.