PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TENENTE DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL POR INCAPACIDADE TEMPORAL

OUTUBRO 2021 – DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TENENTE DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL POR INCAPACIDADE TEMPORAL

DELEGACIÓN DA ALCALDÍA NO TENENTE DE ALCALDE CONSTANTINO CORDAL POR INCAPACIDADE TEMPORAL

Resolución da Alcaldía

Tendo en conta a imposibilidade de atender a alcaldía por motivo dunha intervención quirúrxica e conseguinte situación de baixa médica, resulta preciso habilitar a miña substitución por parte do Primeiro Tenente de Alcalde.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,

RESOLVO:

1º.—Nomear Alcalde accidental ao Primeiro Tenente de Alcalde, D. Constantino Cordal Rodríguez, a partir das 15:00 horas do día 15.09.2021 ata a miña reincoporación por causar alta na situación de incapacidade temporal, momento en que a delegación será revocada de xeito expreso.

2º.—Dar conta do presente decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.

Documento asinado electrónicamente.