PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO CONCELLEIRO CONSTANTINO CORDAL PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO–EXPTE. 3136/2021

OUTUBRO 2021 – DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO CONCELLEIRO CONSTANTINO CORDAL PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO–EXPTE. 3136/2021

DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO CONCELLEIRO CONSTANTINO CORDAL PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO–EXPTE. 3136/2021

RESOLUCION DA ALCALDIA

Debendo celebrarse voda civil, o día 4 de setembro, ás 13’00 horas, polos contraentes Don GONZALO V.G. (D.N.I. 77404706T) e Dona NOELIA B.F. (D.N.I. 11964854R), e toda vez que o artigo 51 do Código Civil, en concordancia co artigo 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece, o primeiro, a competencia para autorizar matrimonios civís do Alcalde, ou Concelleiro en quen delegue, e o segundo a atribución da Alcaldía de dispoñer delegacións especiais para cometidos específicos en calquera Concelleiro, anque non pertenza á Xunta de Goberno Local, é polo que, en base ó exposto, pola presente teño a ben,

RESOLVER:

1º.—Delegar no Concelleiro da Corporación de Cambados, D. CONSTANTINO CORDAL RODRIGUEZ, para que o día 4 de setembro do ano 2.021, actúe, por delegación desta Alcaldía, na voda civil a celebrar nesta Casa Consistorial, ás 13’00 horas, entre os contraentes Don GONZALO V.G. (D.N.I. 77404706T) e Dona NOELIA B.F. (D.N.I. 11964854R); e,

2º.—Que da presente Resolución se dea conta ao Sr. Concelleiro-Delegado e aos contraentes, para o seu coñecemento e oportunos efectos, remitíndose asimismo copia da presente Resolución, xunto co testemuño da realización da voda ó Sr. Xuiz-Encargado do Rexistro Civil de Cambados, para o seu coñecemento e efectos procedentes.

3º.—A presente resolución terá efectos dende o momento da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no BOPPO.

Documento asinado electrónicamente.