PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZAS ADMINISTRATIVO/A, PROMOCIÓN INTERNA (OEP 2017 E 2020)

OUTUBRO 2021 – LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZAS ADMINISTRATIVO/A, PROMOCIÓN INTERNA (OEP 2017 E 2020)

LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZAS ADMINISTRATIVO/A, PROMOCIÓN INTERNA (OEP 2017 E 2020)

Vistas as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas nas OEP de 2017 e 2020.

Visto que mediante acordos da Xunta de Goberno Local do 31.12.2017 (BOP nº 13 de 18.01.2018) e 23.12.2020 (BOP nº 250 de 30.12.2020) aprobáronse as ofertas de emprego público para os anos 2017 e 2020.

Visto o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 07.07.2021, pola que se aprobaron as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna de diferentes vacantes contidas na OEP de 2017 e 2020

Visto a Resolución da Alcaldía do 08.07.2021 pola que se convocan procesos selectivos e se da publicidade ás Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas na OEP de 2017 e 2020 publicada no BOP n.º 148 de 04.08.2021.

Visto que se publicou extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 154 do 12 de agosto de 2021 e anuncio no Boletín Oficial do Estado nº 200 de 21.08.2021.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes en cumprimento do disposto na base sétima do proceso selectivo,

RESOLVO

1. Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as dos procesos selectivos:

a) Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna:

1187.png

b) Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna (funcionarización):

1202.png

c) Unha praza de Administrativo/a Intervención, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso–oposición, en quenda de promoción interna (funcionarización).

1262.png

2. Non habendo aspirantes excluídos/as dispoñer que os/as posibles aspirantes
omitidos/as, na antedita relación dispoñan dun prazo de 10 días hábiles, que comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no BOP, para corrixir os defectos que motivaran a súa omisión na lista de admitidos.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.

4. Ordenar a publicación da presente Resolución no BOP, no Taboleiro de Anuncios do Concello ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) así como no Portal de Transparencia da web municipal (https://cambados.es).

Cambados.

(Asinado dixitalmente).