PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – CORRECCIÓN ERROS MATERIAIS LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL ADMINISTRACIÓN (OEP 2017)

OUTUBRO 2021 – CORRECCIÓN ERROS MATERIAIS LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL ADMINISTRACIÓN (OEP 2017)

CORRECCIÓN ERROS MATERIAIS LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL ADMINISTRACIÓN (OEP 2017)

– Mediante Resolución da Alcaldía do 21.06.2021 aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluidos/as do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, e por persoal funcionario de carreira, dunha vacante de Oficial de Administración contida na OEP de 2017 (BOP n.º 125 de 02.07.2021).

– Constan escritos presentados por Dª María Victoria Rolland Etchevers advertindo de erro no listado publicado, concretamente na redacción seu primeiro apelido (onde di “Rollan” debe dicir “Rolland”).

– Detectáronse igualmente os seguintes erros materiais na lista de referencia:

-“Castroagurín Duro, Tania” cando debe dicir “Castroagudín Duro, Tania”

-“Costa Villanuena, Mirian” cando debe dicir “Costa Villanueva, Miriam”

-“Gómez Lojo, María Melisa” cando debe dicir “Gómez Lojo, María Melissa”

-“Monteagut Rosello, Carles” cando debe dicir “Montagut Roselló, Carles”

– Visto o artigo 109.2 da Lei 39/2015 do 1 de outubro que establece que “As Administracións Públicas poderán, asimesmo, rectificar en calquer momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos”

RESOLVO

1. Corrixir os erros materiais anteriores quedando establecidos os datos dos aspirantes relacionados de acordo coa seguinte redacción

1177.png

2. Ordenar a publicación da presente Resolución no BOP, no Taboleiro de Anuncios do Concello ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) así como no Portal de Transparencia da web municipal (https://cambados.es).

Contra a presente Resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente recurso de reposición potestativo ante este órgano, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte a súa publicación; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo desta Provincia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte publicación é de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producíu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vd. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Documento asinado e datado electrónicamente.