PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2021 – PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS PERÍODO 2021-2022-2023

OUTUBRO 2021 – PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS PERÍODO 2021-2022-2023

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, configura na súa Exposición de Motivos, como un dos seus obxectivos o dotar de maior transparencia a xestión do gasto público subvencional, fin que redunda de forma directa nun incremento dos niveis de eficiencia e eficacia, e engade, a necesidade de elaborar, a tal fin, un Plan Estratéxico de Subvencións, que conecte os obxectivos e efectos que se pretenden conseguir, cos custos previsibles e as súas fontes de financiamento, co obxecto de adecuar as necesidades públicas a cubrir a través das subvencións, coas
previsións de recursos dispoñibles, con carácter previo ao seu nacemento, e de forma plurianual.

Dita necesidade concrétase como obrigación no art. 8 da citada lei, e supedítase en todo caso ao cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

A regulación do devandito Plan abórdase nos arts. 10 a 15 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.

A xurisprudencia do Tribunal Supremo, estima que os Plans Estratéxicos de Subvencións constitúen un requisito esencial cuxo cumprimento esixe que sexa formalizado externamente e cun contido que o faga identificable como tal, por reflectir polo menos os extremos aos que alude o art. 8.1 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.

PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS