PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2021 – FINALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DESEÑO E INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS NOS BENS INMOBLES DE INTERESE MUNICIPAL: TORRE DE SAN SADURNIÑO

SETEMBRO 2021 – FINALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DESEÑO E INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS NOS BENS INMOBLES DE INTERESE MUNICIPAL: TORRE DE SAN SADURNIÑO

  No día de hoxe, finalizouse o traballo de instalación de dous paneis informativos nas inmediacións da Illa de San Sadurniño, que teñen como obxectivo final a difusión do Illote de San Sadurniño, un enclave arqueolóxico icónico e que carecía dun recurso divulgativo de calidade para a súa posta en valor.

O investimento total ascendeu a 8.687,87 €, contándose cunha subvención da Excma. Deputación de Pontevedra, outorgada ao abeiro das “Bases Reguladoras para a Rehabilitación e a Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural dirixidas aos concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2020”.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base décimo terceira das Reguladoras da subvención.

En Cambados, a 30 de setembro de 2021.