PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2021 – ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

SETEMBRO 2021 – ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolución de Tesourería de 25 de agosto de 2021, aprobáronse as listas cobratorias do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do CONCELLO DE CAMBADOS que ten delegada a xestión tributaria nesta Deputación.
Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación−ORAL.
Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 03 de setembro ata o 02 de novembro de 2021, ambas datas incluídas.
Contra o acto de aprobación das listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública ante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do Texto refundido da Lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.
A exposición ao público deste anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, e remitiráselles aos concellos incluídos para os efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

ANUNCIO IAE