PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2021 – ANUNCIO COBRANZA PADRON TAXAS E LIXO 3º CUATRIMESTRE 2021

AGOSTO 2021 – ANUNCIO COBRANZA PADRON TAXAS E LIXO 3º CUATRIMESTRE 2021

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS POR:

3º cuadrimestre 2021
Letreiros, Entrada de Vehículos, Escaparates, Vaos, Elementos de Construción Pechados, Balcóns, Terrazas e Marquesiñas, Toldos, Paraventos e semellantes

3º cuadrimestre 2021 Recollida Lixo

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolucións de Tesourería de 07 de xullo de 2021, aprobáronse os padróns e as listas cobratorias das taxas e prezos públicos relacionadas e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación:

Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación−ORAL.

Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE CAMBADOS e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 06 de agosto ata o 03 de setembro de 2021, ambas as datas incluídas.

Contra o acto de aprobación das listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública ante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contenciosoadministrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do Texto refundido da Lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.

A exposición ao público deste anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, e remitiráselles aos concellos incluídos para os efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

De conformidade co previsto nos artigos 21, 24 e 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais-ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselles ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza das taxas e prezos públicos para o CONCELLO DE CAMBADOS polo/s concepto/s relacionado/s comeza o 06 de agosto e remata o 06 de outubro de 2021, ambas as dúas datas incluídas.

COBRANZA TAXAS 3º CUATRIMESTRE 2021