PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2021 – FINALIZACIÓN DO SUBMINISTRO DE PANEIS INFORMATIVOS PARA O ESTEIRO DE A SECA E CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS

AGOSTO 2021 – FINALIZACIÓN DO SUBMINISTRO DE PANEIS INFORMATIVOS PARA O ESTEIRO DE A SECA E CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS

Nestas datas ven de rematarse pola empresa “LAU CREACIÓNS, S.L.” a execución do “SUBMINISTRO DE MATERIAL PARA O SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE: LOTE 2.- PANEIS INFORMATIVOS”, instalándose no esteiro de A Seca e nas inmediacións dos centros de compostaxe comunitarios da Praza de Abastos, Centro Cultural A Merced, Fonte de Fefiñáns e Os Olmos.

O investimento foi financiado pola Excma. Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019. Anualidade 2019).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base quince das Reguladoras da convocatoria do Plan Concellos 2018-2019.

En Cambados, 29 de xullo de 2021.