PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2021- EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

AGOSTO 2021- EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolucións de Tesourería de datas 13 e 15 de xullo 2021, vense de aprobar as listas cobratorias do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2021 (IBI) do CONCELLO DE CAMBADOS

Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación – ORAL.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada interesado poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 28 de xullo ata o día 04 de outubro de 2021, ambas datas incluídas.

Contra o acto de aprobación das citadas listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública perante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.

A exposición ao público do presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos
da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IBI DO EXERCICIO 2021

De conformidade co previsto nos artigos 18, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais – ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2021 (IBI), para o CONCELLO DE CAMBADOS se inicia o día 28 de xullo e finaliza o 05 de novembro de 2021, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DE COBRANZA

Formas e lugares de ingreso:
• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), e tamén nun caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

Envío de documentos de ingreso: os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio da ou do contribuínte non a ou o exime da súa obriga de pagamento.

Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelos a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Cargos de domiciliacións: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas das e dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se lle esixirán á ou ao debedor as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención presencial: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

• Web do ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
• OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/
• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
• Teléfono cita previa: 886 211 420

Anuncio IBI 2021