PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2021 – ANUNCIO DE COBRANZA DO PADRÓN MERCADO 1º TRIMESTRE 2021

XULLO 2021 – ANUNCIO DE COBRANZA DO PADRÓN MERCADO 1º TRIMESTRE 2021

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005
(Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a TAXA POR SERVIZO MERCADO correspondentes a Remesa: MERCADO 1 TRIMESTRE 2021 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 5 de Agosto de 2021 ata o 6 de Outubro de 2021, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades bancarias:

• ABANCA

• CAIXABANK

• BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes de Setembro de 2021.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003
Xeral Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.