PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2021 – RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA, NORMALIZACION LINGUISTICA, SANIDADE, TERCEIRA IDADE, MOBILIDADE, E SEGURIDADE CIDADÁ DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA O PECHE DA RUA ISABEL II.

XULLO 2021 – RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA, NORMALIZACION LINGUISTICA, SANIDADE, TERCEIRA IDADE, MOBILIDADE, E SEGURIDADE CIDADÁ DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA O PECHE DA RUA ISABEL II.

RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA, NORMALIZACION LINGUISTICA, SANIDADE, TERCEIRA IDADE, MOBILIDADE, E SEGURIDADE CIDADÁ DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA O PECHE DA RUA ISABEL II.

Coa evolución da vida moderna, se producen diversos conflitos en todas as ordes. A convivencia diaria entre o tráfico rodado e os peóns que comparten as nosas vías públicas, non é menos, xa que a cotío se producen desequilibrios no uso dos espazos públicos, existindo unha auténtica invasión de zonas peonís por parte dos vehículos, o que acarrexa situacións de auténtico perigo para os viandantes.

FEITOS

A rúa Isabel II desta localidade é un exemplo significativo de todo isto, toda vez que paulatinamente foi perdendo a súa condición de vía peonil, pasando de ser un tradicional punto de encontro, convivencia entre os cidadáns, a un lugar de tránsito e de paso.
Todo isto ocasionou unha perda da calidade de vida dos veciños, xa que a seguridade viaria, o medio ambiente e tamén a tranquilidade no espazo público se veu afectada.
Por outra banda, e partindo da premisa que se deben reformular algúns dos aspectos do modelo de mobilidade urbana actual co fin de ir introducindo unha serie de cambios na ordenación e reparto dos espazos públicos, que axuden a mellorar a o día a día dos veciños e, tendo en conta que esta rúa non posúe aglomerado asfáltico, senón que a calzada é de pedra, entre outras consideracións. Por todo o exposto, e en base os seguintes

FUNDAMENTOS XURIDICOS

UNICO

De conformidade co Real Decreto Lexislativo 6/2015 da Lei sobre o Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, no seu artigo 7, apartados a) e f), os municipios teñen competencia na regulación, ordenación, xestión e vixilancia do tráfico nas vías urbanas da súa titularidade, así como para levar a cabo o peche das vías urbanas cando sexa necesario.
Por todo o exposto,

RESOLVO

Que se proceda o peche para o tráfico rodado da rúa Isabel II no período que abranque dende o día 9 de Xullo do 2021, ata o 5 de Setembro do mesmo ano, ámbolos dous inclusives.
Que se publique a referida resolución, tanto no B.O.P. como na páxina web do Concello de Cambados, dándoselle tamén a máxima difusión através dos diferentes medios de comunicación; e,
Que se lle de traslado da presente resolución mediante copia, os diferentes servizos de seguridade: Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Urxencias médicas, Emerxencias 112, e Garda Civil
de Cambados para xeral coñecemento

DECRETO 2021-0925 [RESOLUCIÓN PECHE DA RÚA ISABEL II]