Resolución da Alcaldía
Decreto número 2021-0758 Data: 03/06/2021
Expediente 2813/2019
Mediante Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) delegáronse as atribucións en materia de seguridade cidadá e mobilidade en favor do Concelleiro D. Constantino Cordal Rodríguez que as ven ostentando con continuídade desde a citada data.
Visto que para unha mellor coordinación do servizo se considera axeitado que o concelleiro delegado de seguridade e mobilidade ostente as competencias en materia de xefatura da Policía Local para a emisión das directrices de dirección que procedan así como da supervisión directa do seu funcionamento en coordinación coa Xefatura do Corpo.
Tendo en conta que a competencia en materia de xefatura da Policía Local se considera delegable de acordo co artigo 21.3 da Lei 7/1985 do 2 de abril de bases de réxime local e 27 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, en uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases do réxime local e dos artigos 114 a 118 e 43 do Regulamento de organización,funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,
RESOLVO:
1.—Delegar a Xefatura da Policía Local no concelleiro D. Constantino Cordal Rodríguez no termos e condicións establecidas no resto de delegacións acordadas en data de 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019).
2.—Notificar este decreto ao interesado, facéndolle saber que a delegación se entenderá aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fai manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.
3.—Dar traslado da presente Resolución á Xefatura do Corpo para o seu coñecemento e efectos e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.