Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 66, de data 9 de abril de 2021, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de marzo de 2021, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por recollida de residuos sólidos urbáns sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:
“Disposición Adicional cuarta
Cando, por cumprirse as circunstancias previstas no número 3.bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, a persoa titular da consellaría competente en materia de residuos estableza unha bonificación na contía do canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos, o importe equivalente ao da dita bonificación minorarase, de xeito proporcional, da cota tributaria que corresponda a cada un dos obrigados ao pago da taxa no exercicio da súa aplicación.
A minoración practicarase no padrón do último cuadrimestre do exercicio, en cada un dos recibos que se emita. Sobre as tarifas vixentes aplicaranse as seguintes bonificacións:
—Ano 2021: 14,85 %
—Ano 2022 e sucesivos (en tanto se manteña esta bonificación na contía do canon unitario de tratamento por tonelada): 14,85 %
A modificación da presente Ordenanza, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.
Cambados, a 2 de xuño de 2021.