PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2021 E CADRO DE PERSOAL

XUÑO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2021 E CADRO DE PERSOAL

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2021 E CADRO DE PERSOAL

N. Expediente

1205/2021

Asunto

ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2021

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2021 E CADRO DE PERSOAL

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 92 do 18/05/2021 publicouse anuncio de exposición ao público do Orzamento deste Concello xunto coas súas Bases de Execución e Cadro de Persoal para o exercizo 2021, sen que se presentasen reclamacións durante o prazo conferido ao efecto (15 días hábiles, que se estenderon entre o 19/05/2021 e o 08/06/2021).

En consecuencia, é polo que se entende aprobado definitivamente o documento, entrando en vigor logo da presente publicación no Boletín Oficial da Provincia de conformidade co establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

1770.png

1819.png

1869.png

1918.png

1969.png

Contra a aprobación definitiva do orzamento poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establecen as normas da devandita xurisdición. A interposición do citado recurso non suspenderá por sí so a aplicación do orzamento definitivamente aprobado, tal e como determina o artigo 171.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ESTE DOCUMENTO ASÍNASE ELECTRONICAMENTE