PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2021 – Anuncio resultados e proposta do tribunal cualifiicador selección persoal oficinas de turismo

XUÑO 2021 – Anuncio resultados e proposta do tribunal cualifiicador selección persoal oficinas de turismo

Anuncio resultados e proposta do tribunal cualifiicador selección persoal oficinas de turismo

En cumprimento da Base oitava do proceso selectivo fanse públicos os resultados dos/as aspirantes presentados/as:
NÚM. APELIDOS E NOME IDIOMAS EXPERIENCIA TOTAL
1 Acevedo Piñeiro Dámaris 2,25 0,00 2,25
2 Acevedo Piñeiro Susana 2,00 0,00 2,00
3 Aguete de Pazos Arantxa 2,75 0,00 2,75
4 Allegue Portas Andrea 1,25 2,10 3,35
5 Arnoso Bouza Natalia 1,25 0,20 1,45
6 Beaumont Cruz María Paz 0,00 0,00 0,00
7 Besada Troncoso M. Jesús 2,25 2,30 4,55
8 Búa Cochón Nuria 1,25 0,00 1,25
9 Corredoira Canda María 2,75 0,00 2,75
10 Crespo Martínez Iria 3,75 0,00 3,75
11 Diz González M. Dolores 3,25 0,60 3,85
12 Durán Lagares Alexia 3,50 1,10 4,60
13 Fernández Patón Susana 0,75 0,00 0,75
14 Giménez Amoedo Silvia 2,25 3,60 5,85
15 Lage Rey Adrián 2,25 0,00 2,25
16 Lago Somoza Vanesa 1,50 0,00 1,50
17 Martínez Currás Rebeca 2,25 0,90 3,15
18 Méndez Lois Mirian 1,75 0,00 1,75
19 Motrel Lede María del Canto 1,25 0,00 1,25
20 Pacheco Lorenzo Lorena 0,00 0,00 0,00
21 Pena Brantuas Vanesa 3,25 0,00 3,25
22 Pérez Domínguez Sandra 2,00 0,30 2,30
23 Pérez Rodríguez Yaniri 2,00 0,00 2,00
24 Pires Rubianes Alejandra 0,00 0,00 0,00
25 Prado González Lucía 3,00 2,40 5,40
26 Rodas Recuna Lucía 0,75 0,90 1,65
27 Rodríguez Collazo José 1,25 2,90 4,15
28 Segade Couto María del Carmen 2,00 0,20 2,20
29 Somoza Costa Eva 1,25 0,00 1,25
30 Vázquez López M. José 3,25 0,90 4,15

De acordo coa cláusula oitava das Bases do proceso selectivo o Tribunal Cualificador formula proposta de contratación en favor de Dna. Silvia Giménez Amoedo e Dna. Lucía Prado González, ao ser as aspirantes que obteñen a maior puntuación de acordo co número de prazas convocadas (2) e requirirlles a aportación da seguinte documentación dentro do prazo de tres días hábiles seguintes á publicación da proposta:
1)Documento Nacional de Identidade mediante fotocopia
2)Tarxeta da Seguridade Social mediante fotocopia.
3)Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e de non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
4)Aportar a titulación correspondente:
– Diplomatura / Grao en Turismo
– Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía
– Certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante (Código HOTI0108).
5) Número de conta, mediante certificación bancaria.

No caso de que algún aspirante proposto renunciase ao posto de traballo, non aporte a documentación requirida ou ben non cumpla cos requisitos para o acceso ao posto convocado indicados poderase formular nova proposta a favor dos que lle sigan na orde de puntuación que quedarán en lista de espera a estes efectos.
De igual forma resólvese que os empates producidos entre aspirantes que non se resolvesen cos criterios de maior puntuación en materia de idiomas ou experiencia profesional, resolveranse mediante a celebración dunha entrevista curricular prevista nas Bases tan só no caso de que se producise o chamamento destes aspirantes debido a que os que lles preceden na lista non puidesen ser contratados polas motivacións que se expresan no parágrafo anterior.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Anuncio resultados e proposta do tribunal cualifiicador selección persoal oficinas de turismo