PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2021 – FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

XUÑO 2021 – FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

Aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ao 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño (San Xoán) e ata o día 25 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación no Rexistro Municipal de forma presencial (poden obter cita previa a través da sede electrónica da entidade ou no teléfono 986.52.48.88 de luns a venres de 9:30 a 14 horas) ou de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal), segundo o modelo que se habilita a este efecto.

Que este ano, como consecuencia da pandemia da COVID-19, únicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados.

O Concello de Cambados fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das normas de seguridade que se detallan na comunicación, así como tamén de todas aquelas de carácter sanitario que se derivan da crise sanitaria da COVID-19.

O que se fai público para xeral coñecemento facéndose difusión do modelo de comunicación a presentar.

Cambados 08 de xuño de 2021

Modelo comunicación previa fogueiras