PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2021 – CONVOCATORIA 2021 DE AXUDAS ECONÓMICAS A FONDO PERDIDO PARA A CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DE CAMBADOS

XUÑO 2021 – CONVOCATORIA 2021 DE AXUDAS ECONÓMICAS A FONDO PERDIDO PARA A CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DE CAMBADOS

CONVOCATORIA 2021 DE AXUDAS ECONÓMICAS A FONDO PERDIDO PARA A CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DE CAMBADOS

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/566813)

Primeiro. Beneficiario/as.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas propietarias dun edificio ou vivenda, as comunidades de persoas propietarias dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, que reúnan os requisitos establecidos no RD. 233/2013, do 5 de abril, no RD 106/2018, de 9 de marzo, e demais normativa de aplicación.

Segundo. Obxecto.

Conservación e rehabilitación de edificios e vivendas situadas no ámbito da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Conxunto Histórico- Área de Rehabilitación Integral de Cambados.

Terceiro. Bases reguladoras.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda.

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 321.704,70 € na aplicación 1522.78000 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2021. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito idóneo e suficiente no momento da resolución da concesión.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 60 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO

Cambados, 28/05/2021

BASES CONVOCATORIA 2021_GALEGO

IMPRESOS SOLICITUDE VIVENDA UNIFAMILIAR

IMPRESOS SOLICITUDE_COMUNIDADES. VIVENDA COLECTIVA