PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – ANUNCIO LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS PC2020

MAIO 2021 – ANUNCIO LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS PC2020

No día de onte, publicouse na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia o anuncio de licitación do contrato para levar a cabo as obras de “MELLORA DA PAVIMENTACIÓN EN CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS PC/2020

O obxecto do presente proxecto é a descrición das obras a realizar na mellora da capa de rodadura de varios camiños rurais de titularidade municipal, co obxecto de dispor a correcta execución dos traballos.

Xustifícanse as obras pola necesidade e obriga de manter en bo estado de tránsito os camiños e vías municipais catalogados polas vixentes Normas Subsidiarias Municipais, dado o estado de deterioro que presenta todos os que se inclúen no presente proxecto e co perigo que isto supón para os vehículos que circulan por eles.

As obras vanse a realizar nos seguintes camiños e vías municipais, incluídos dentro do inventario municipal de vias nos seguintes lugares :

Para consultar a información e descargar a documentación do contrato prema no enlace seguinte:  PREMER

Título Versión Estado Descarga
 Memoria xustificativa do contrato 25-05-2021 10:07:35 Vixente Formato .pdf  (759.09 KB)
 Xustificación do procedemento 25-05-2021 10:07:35 Vixente Formato .pdf  (759.09 KB)
 Aprobación do expediente 25-05-2021 10:07:35 Vixente Formato .pdf  (549.37 KB)
 Anuncio licitación 25-05-2021 10:07:35 Vixente Formato .pdf  (347.97 KB)

A presentación de ofertas realizarase a traves da ferramenta SILEX da Consellería de Facenda:   ACCESO A SILEX

Prazo límite presentación ofertas: 14 de xuño de 2021 (luns). Hora: 14:00

En Cambados, 25 de maio de 2021