PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – Anuncio da Resolución do Tribunal Cualificador

MAIO 2021 – Anuncio da Resolución do Tribunal Cualificador

Anuncio da Resolución do Tribunal Cualificador para a selección de 21 postos de traballo como persoal laboral de duración determinada a tempo parcial de acordo coas Bases e a convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2021 e ao amparo da liña 3 – Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Expediente 1405/2021.
En cumprimento da Base oitava do proceso selectivo faise público o resultado da entrevista curricular realizada ao/a aspirante presentado/a para GRAO/LICENCIADO/A EN DEREITO:

NUMERO APELIDOS E NOME PUNTUACIÓN TOTAL

1 FEIJOÓ ABAL EVA 1
2 FREIRE SUÁREZ EDDIE 0,80

En cumprimento do disposto na Base oitava do proceso selectivo o Tribunal Cualificador, RESOLVE:

1.Declarar aprobada e propoñer a contratación como grao/licenciado/a en dereito a:
– EVA FEIJOÓ ABAL

2.Requirir á aspirante proposta (no caso de que non obren xa na Administración) para a presentación dos documentos acreditativos de capacidade e requisitos esixidos, preferentemente de xeito electrónico (cambados.sedelectronica.gal), ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello, no prazo dos 3 días naturais seguintes, a contar dende a publicación do anuncio no Taboleiro de edictos (https://cambados.sedelectronica.gal/board).

1)Instancia aceptando o posto
2)Documento Nacional de Identidade
3)Tarxeta da Seguridade Social
4)Declaración xurada de non ter sido separado/a do servizo das administracións públicas e de non estar incurso/a nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente
5)Titulación da categoría correspondente.
6) Certificado titularidade conta bancaria para domiciliación.

3.No caso de que a aspirante proposta renunciase ao posto de traballo, non aporte a documentación requirida ou ben non cumpra cos requisitos para o acceso ao posto convocado, poderase formular nova proposta a favor dos/as que lle sigan na orde de puntuación que quedarán en lista de espera a estes efectos.

4.Ordenar a publicación da presente resolución nos Taboleiros de Edictos do Concello.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do
cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

ANUNCIO resultado da entrevista e proposta para a contratación dun grao_licenciado_a en dereito