PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2021

MAIO 2021 – APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2021

APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2021

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o pasado 08 de abril de 2021 rexeitou a cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento xeral deste Concello xunto coas súas Bases de Execución, e cadro de persoal para o exercicio 2021.

De acordo co artigo 197 bis, parágrafo cinco da Lei orgánica 5/1985 do 19 de xuño de réxime electoral xeral, unha vez transcorrido o prazo dun mes sen que se presentase moción de censura con candidato/a alternativo/a a alcalde/alcaldesa, entendese outorgada a confianza e aprobado o proxecto de orzamento e cadro de persoal para o exercicio 2021.

Pola presente, e con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, expóñense ao público no departamento de intervención deste Concello por prazo de quince días a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno.

O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se houbesen presentado reclamacións; en caso contrario, o Pleno dispoñerá de prazo dun mes para resolvelas.

Cambados.

 

CADRO DE PERSOAL 2021
BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2021
ESTADO DE GASTOS POR ECONÓMICA
ESTADO DE GASTOS. IMPORTES POR ÁREA DE GASTO – CAPÍTULO
ESTADO DE GASTOS POR ECONÓMICA. AGRUPADO POR ECONÓMICA Y PROGRAMA
ESTADO DE GASTOS POR PROGRAMA
ESTADO DE INGRESOS. RESUMEN GENERAL POR CAPÍTULOS
ESTADO DE INGRESOS POR ECONÓMICA
ESTADO DE GASTOS. RESUMEN GENERAL POR CAPÍTULOS
ESTADO DE INGRESOS. RESUMEN GENERAL POR ARTÍCULOS
RESUMEN GENERAL POR CAPÍTULOS
APLICACIONES PRESUPUESTARIAS DE GASTOS
ESTADO DE GASTOS. RESUMEN GENERAL POR PROGRAMA
APLICACIONES PRESUPUESTARIAS DE INGRESOS
ESTADO DE GASTOS POR PROGRAMA. AGRUPADO POR PROGRAMA Y ECONÓMICA
ESTADO DE GASTOS. RESUMEN GENERAL POR ARTÍCULOS