PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – Anuncio resultados selección Plan Concellos 2021 e proposta de contratación

MAIO 2021 – Anuncio resultados selección Plan Concellos 2021 e proposta de contratación

En cumprimento do disposto na Base oitava do proceso selectivo o Tribunal Cualificador,

RESOLVE:

1.Declarar aprobadas e propoñer a contratación como Auxiliares Administrativas a:
– Asorey Rial, Beatriz
– Estévez Prado, Ángeles
– Fraga Cardalda, María Dolores
– Méndez del Río, María Victoria
– Suárez Corbacho, Mercedes
– Viteri Gutiérrez, Josselyn Brigit

2.Declarar aprobadas e propoñer a contratación como Auxiliares de Cultura a:
-Couceiro Otero, Herminia
– Fariña Fernández, María Carmen
– Mouriño Beloso, Irene
– Pena Tortoriello, Alicia Irma

3.Declarar aprobadas e propoñer a contratación como Traballadora social a:
– Otero Domínguez, María Jesús

4.Declarar aprobada e propoñer a contratación como Arquitecta técnica a:
– Fernández Dopazo, Sonia María

5.Declarar aprobada e propoñer a contratación como Técnica medio ambiente a:
– Vázquez Fernández, Nuria Isabel

6.Declarar aprobado e propoñer a contratación como Oficial residuos a:
– Vázquez Fernández, Nuria Isabel

7.Declarar aprobada e propoñer a contratación como Operarios/as mantemento a:
– Charlín Rodríguez, María Josefa
– Carballa Areal, Miguel Ángel
– Fariña Oubiña, Javier
– Gómez Núñez. Susana

8.Declarar aprobado e propoñer a contratación como Peón laceiro a:
– Gómez Núñez, Susana

9.Declarar aprobados e propoñer a contratación como Técnica Organización a:
– Núñez Mosteiro, Regina

10.Requirir aos aspirantes propostos (no caso de que non obren xa na Administración) para a presentación dos documentos acreditativos de capacidade e requisitos esixidos, preferentemente de xeito electrónico (cambados.sedelectronica.gal), ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 3 días, comprendido entre o 19 e 21 de maio de 2021, en horario de 12.00 a 14.00.
1)Instancia aceptando o posto
2)Documento Nacional de Identidade
3)Tarxeta da Seguridade Social
4)Declaración xurada de non ter sido separado/a do servizo das administracións públicas e de non estar incurso/a nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente
5)Titulación da categoría correspondente.
6) Certificado titularidade conta bancaria para domiciliación.

11. Requirir á aspirante Susana Gómez Núñez para que, no mesmo prazo, opte por algunha das categorías para a que foi seleccionada (Operaria mantemento / Peón laceira).

12.Requirir á aspirante Nuria Isabel Vázquez Fernández para que, no mesmo prazo, opte por algunha das categorías para a que foi seleccionada (Técnica de Medio Ambiente / Oficial de Residuos).

13.No caso de que os/as aspirantes/as propostos/as renunciasen ao posto de traballo, non aporten a documentación requirida ou ben non cumpran cos requisitos para o acceso ao posto convocado, poderase formular nova proposta a favor dos/as que lle sigan na orde de puntuación que quedarán en lista de espera a estes efectos.

14.Advertido un empate entre tres aspirantes da categoría de graos/licenciados/as en dereito, sen que se resolva a través dos méritos alegados, de acordo coa Base sétima que establece que “…En caso de non resolverse o empate de acordo cos criterios anteriores poderá celebrarse unha entrevista curricular aos aspirantes empatados que versará sobre a experiencia profesional, dispoñibilidade horaria e a adaptación ao posto ofertado, puntuándose ata un máximo de 1,00 punto…”, convócase para o día xoves 20 de maio de 2021, ás 11.00 horas, no salón de Plenos do Concello, ao efecto de realizar entrevista para resolver os empates producidos aos seguintes aspirantes:
– Feijoo Abal, Eva
– Freire Suárez, Eddie
– Piñeiro Martínez, Óscar

15.Ordenar a publicación da presente resolución nos Taboleiros de Edictos do Concello. O que se fai público para o xeral coñecemento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común. O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Anuncio resultados selección Plan Concellos 2021 e proposta de contratación