PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

MAIO 2021 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolución de Tesourería de 30 de abril de 2021, aprobáronse os padróns e as listas cobratorias das taxas e prezos públicos relacionadas e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación:

Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación−ORAL.

Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE CAMBADOS e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 06 de maio ata o 05 de xuño de 2021, ambas as datas incluídas.

CAMBADOS 2ª cobranza taxas 2021