PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2021 – CREACIÓN DA OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA

MAIO 2021 – CREACIÓN DA OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA

En función da posta a disposición da nova oficina virtual tributaria de este organismo, procedese a aprobar os seguintes puntos:

Primeiro.-Crear a oficina virtual tributaria do CONCELLO DE CAMBADOS

Segundo.-O enderezo electrónico de acceso á oficina virtual tributaria é ‘https:\\cambados.ovt.gal’, e será accesible tanto directamente como a través do portal municipal

Terceiro.-O ámbito de aplicación da oficina virtual tributaria comprende únicamente a Administración Local CONCELLO DE CAMBADOS.

Cuarto.-A través da oficina virtual tributaria poderanse realizar todas as actuacións, procedementos e servizos que requiran a identificación das persoas e do CONCELLO DE CAMBADOS nas súas interrelacións por medios electrónicos e prestaranse aqueles servizos electrónicos que se inclúan na sede electrónica por razóns de eficacia e calidade.

Quinto.-A titularidade así como a responsabilidade do seu uso correspóndelle o CONCELLO DE CAMBADOS

Sexto.-Autorizar a creación dun certificado para a oficina virtual tributaria que certifique o dominio ‘cambados.ovt.gal’ ante a autoridade de servizos de certificación que corresponda. Os datos que deberán constar no certificado da oficina virtual tributaria son os seguintes:

a) CIF do organismo subscritor: P3600600E

b) Organismo subscritor: CONCELLO DE CAMBADOS

c) Nome do dominio: https:\\cambados.ovt.gal

Sétimo.-Autorizar a realización das tarefas técnicas precisas para a súa implantación efectiva nos sistemas que dan soporte á mencionada oficina virtual tributaria.

Oitavo.-Autorizar a renovación periódica de dito certificado da oficina virtual tributaria sempre e cando continúe vixente o nome do dominio ‘cambados.ovt.gal’ como enderezo de referencia para a oficina virtual tributaria.

Noveno.-Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia aos efectos de xeral coñecemento previstos no artigo 45.1 a) da Lei 39/2015.

O que se publica para xeral coñecemento.