Mediante Resolución de Alcaldía aprobáronse as bases para a selección de dous (2) traballadores /as para as oficinas de turismo do Concello de Cambados en réxime laboral temporal a tempo parcial (30 horas semanais), e na modalidade de contrato eventual por acumulación de tarefas, por un período de seis meses.
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cambados e no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica da entidade:
https://cambados.sedelectronica.gal/info.0
Cambados, 20/04/2021. A Alcaldesa. Fátima Abal Roma (Asinado dixitalmente)
Bases da convocatoria do proceso selectivo