Unha vez finalizado a preselección dos candidatos por parte da Oficina de Emprego para os distintos postos do Plan Concellos Liña 3, e recollidos nas Bases de Convocatoria que están
publicadas na Sede Eléctrónica do Concello.
Os candidatos preseleccionados poderán presentar as instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo no impreso normalizado de solicitude que se establece como Anexos I e Anexo II, declaración xurada, nas Bases da Convocatoria, no Rexistro Xeral do Concello (Praza do Concello 1 CP 36630), no día e hora que se indica na citación que recibiron da Oficina de Emprego de Cambados.
Tamén se poderá presentar de xeito electrónico a través do Rexistro electrónico da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) ou en calquera dos lugares establecidos no artigo en 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, establecendose o prazo de presentación de solicitudes dende o 19.04.2021 ata o 23.04.2021.
Deberán aportar ademáis xunto coa Anexos I e II a, seguinte documentación.
- Fotocopia dos cursos de formación relacionados co posto ao que se presenta.
- Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero ou da
discapacidade superior ao 33 %.
Para a presentación de solicitudes de xeito presencial no Rexistro do Concello, co fin de garantizar as medidas de seguridade e distanciamento social recomendadas polas autoridades sanitarias por mor da crise sanitaria da Covid-19, establecense os seguintes días e horarios por postos.
Anexo I e Anexo II – Modelo instancia e Declaración xurada – Plan Concellos Liña 3