PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2021 – ANUNCIO PADRÓN VEHICULOS 2021 CAMBADOS

ABRIL 2021 – ANUNCIO PADRÓN VEHICULOS 2021 CAMBADOS

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2021 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolución de Tesourería de data 29 de marzo de 2021, aprobáronse os padróns e listas cobratorias do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2021 (IVTM) correspondentes aos concellos que de seguido se relacionan e que teñen delegada a xestión tributaria do imposto nesta Deputación.

Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación – ORAL.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE CAMBADOS e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 08 de abril de 2021 ata o día 07 de maio de 2021, ambas datas incluídas.

Contra o acto de aprobación das citadas listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública perante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo. 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.

A exposición ao público do presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2021

De conformidade co previsto nos artigos 19, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais – ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do exercicio 2021, para o CONCELLO DE CAMBADOS comeza o día 08 de abril de 2021 e finaliza o 08 de xuño de 2021, ámbalas dúas datas incluídas.

Padrón vehículos 2021 CAMBADOS