PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2021 – : Plan Concellos Liña 3.- Modificación titulación acceso para o posto de Técnico de Organización

ABRIL 2021 – : Plan Concellos Liña 3.- Modificación titulación acceso para o posto de Técnico de Organización

Con data de 31.03.2021, foron aprobadas as Bases da convocatoria para á contratación por concurso de 21 postos de traballo como pesoal laboral de duración determinada para a apoio dos distintos departamentos e servizos de titularidade municipal.

Nas referidas bases estableceronse os postos convocados, os códigos de ocupación así como as titulacións de acceso requeridas.

O Concello con data de 8.04.2021 presentou Oferta de Emprego ante ó Servizo Público de Emprego, para a preselección dos candidatos, para os distintos postos ofertados.

Para o posto de Técnico de Organización, requíreuse a titulación de Grao/Diplomatura en Xestión e Administración Púbica co código de Ocupación 26221036 Por parte de Oficina de Emprego, foi comunicado a este Concello. que non hai candidatos polo ámbito do concello de Cambados nin polo ámbito da oficina de emprego de Cambados.

A vista da situación, e sendo necesario cubrir o referido posto,

RESOLVO,

PRIMEIRO.- modificar a titulación requerida para o posto de Técnico de Organización, establecendo como titulacións de acceso a seguinte:
Grao en Dirección e Xestión Pública,código de ocupación 26221036

SEGUNDO.- Dar trasalado a Oficina de Emprego de Cambados, mediante a presentación da correspondente Oferta de Emprego.

Resolución modificación titulación acceso posto Técnico de Organización