Aprobada inicialmente por acordo do Pleno ordinario deste Concello, celebrado o 25 de marzo de 2021, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de residuos sólidos urbáns en cumprimento do establecido no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ordénase a publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior difusión da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello ós efectos de incoar o trámite de información pública por un prazo de 30 días (TRINTA DÍAS). Dentro do prazo citado os interesados poderán examinar o expediente administrativo e presentar por escrito as reclamacións que estimen oportunas; se no prazo indicado non foran presentadas reclamacións, quedaría elevado a definitivo o acordo antes citado.
O acordo definitivo co texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.
Cambados, a 5 de abril de 2021.