PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2021 – CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2021

ABRIL 2021 – CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2021

Esta Alcaldía pide colaboración de tódolos veciños e veciñas co obxecto de que, coa chegada do verán, os visitantes que decidan achegarse ó noso municipio poidan disfrutar das súas vacacións no
mellor entorno posible, pois, unha imaxe ben vale mais que mil palabras.

Por iso, e sabendo que cun pouco de limpeza e ornato exterior ñas vivendas, valados e outras construcións, esa inicial sensación pode decantarse como propicia, coido que tamén por interese propio, a todos nos convén ofrecer unha grata impresión pois aínda que os visitantes só estean de paso tamén nós sentiremos a satisfacción de vivir nun dos municipios mais fermosos e coidados de Galicia.

Por todo iso, confío en que cada veciño, na medida das súas posibilidades, tratará de responder ó reto que temos diante, adoite as medidas necesarias para que nas súas propiedades e, particularmente se estas dan a vías públicas, non se bote en falta a pintura, a limpeza, o desbroce e a orde en xeral.

Esta Alcaldía, no desexo de conseguir que CAMBADOS, compromiso de todos, ofreza a mellor imaxe, convídavos a poñer máns á obra entre o DEZ DE ABRIL E O TRINTA DE SETEMBRO, E SEN NECESIDADE DE ABOAR TAXA ALGUNHA POLA LICENZA, poidades levar a cabo as referidas tarefas de limpeza e pintado de exteriores. Simplemente debedes solicita-la precisa autorización no Concello, para realizar as actividades descritas, indicando que vos acolledes ó presente Bando.

Cambados a 8 de Abril de 2021

Bando Limpeza – 2021