PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2021 – Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados. (exepediente IN407A 2021/51-4).

MARZO 2021 – Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados. (exepediente IN407A 2021/51-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad SA.
– Enderezo Social: Avenida San Luis 77, 28033 Madrid.
– Denominación: LMTS CBD804 e CTC Urbanización Vilariño.
– Situación: Cambados.
– Descricións Técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, de 210 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente As Pedreiras e final no novo centro de transformación proxectado Urbanización Vilariño. Centro de transformación compacto, a 250 kVA con r.t. 20 kV/400 V, situado en Vilariño, Cambados. Desmontaxe do centro de transformación intemperie Urbanización Vilariño (36AJ10) e do tramo de LMTA (145 metros) CBD8043479 de derivación a este.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentossometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública instalación eléctrica (expediente IN407A 2021_51-4)