PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2021 – ANUNCIO OFERTA PERSOAL LABORAL PLAN CONCELLOS 2021

MARZO 2021 – ANUNCIO OFERTA PERSOAL LABORAL PLAN CONCELLOS 2021

Este Concello solicitou a Excma. Deputación de Pontevedra unha subvención para a contratación de 21 traballadores desempregados, ata o 31 de decembro de 2021, con cargo a convocatoria da Excma. Deputación de Pontevedra, do PLAN CONCELLOS, Liña 3., Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Os postos que se convocarán unha vez sexa concedida a este Concello a subvención solicitada son os seguintes:

– 6 Auxiliares Administrativos.(xornada de 25 horas semanais)
– 1 Auxiliar de Cultura-Turismo. (xornada de fin de semana)
– 3 Auxiliares de Cultura (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Licenciado/a- Grao en Dereito (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Técnico/a de Mediambiente ( xornada de 35 horas semanais)
– 1 Traballador/a Social (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Arquitecto/a Técnico (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Técnico/a de Organización (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Oficial de Residuos (xornada de 25 horas semanais )
– 4 Operarios/Operarias de Mantemento (xornada de 25 horas semanais)
– 1 Peón Laceiro (xornada de 25 horas semanais)