PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2021- PUBLICIDADE FINANCIAMENTO DAS OBRAS DE “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, CAMIÑO DE TRAGOVE -CORVILLÓN” CON FONDOS FEADER

MARZO 2021- PUBLICIDADE FINANCIAMENTO DAS OBRAS DE “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, CAMIÑO DE TRAGOVE -CORVILLÓN” CON FONDOS FEADER

Pola empresa COVSA rematáronse as obras de “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, CAMIÑO DE TRAGOVE -CORVILLÓN”, subvencionadas con cargo ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As obras ascenderon a:

Orzamento licitación

Orzamento adxudicación

Prezo estimado do contrato

33.001,17

31.846,13

21% IVE

6.930,25

6.687,69

Prezo

39.931,42

38.533,82

Baixa

1.397,60

MELLORA OFERTADA :

MELLORA 1: Fresado de zona de formigón e asfaltado con 6 cm de aglomerado en quente tipo D-12 no final do Camiño TRAGOVE 2.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e no artigo 19.8 da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 .

En Cambados,  1 de marzo de 2021.