PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

FEBREIRO 2021 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 237, de data 9 decembro de 2020, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 2020, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“1. Bonificación no ICIO a favor das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal

1. En virtude do artigo 103.2.a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aplicarase unha bonificación a favor das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

Considerarase que concorren estas circunstancias no caso de actuacións no ámbito territorial da Area de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Cambados. Nestes supostos a bonificación a aplicar será do 50 % nas edificacións que conten con Protección Integral ou Estructural no Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico de Cambados. Ademais, naquelas edificacións que se acollan a un Programa de Rexeneración e Renovación Urbana, independientemente da súa protección, aplicarase a bonificación do 75%.

2. As bonificacións ás que se fan referencia no apartado anterior deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso no suposto establecido, presentando a documentación demostrativa do mesmo.”

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Cambados, a 1 de febreiro de 2021.