PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2021 – Resolución de Fixación de Prezo Xusto Expropiación Itinerario peonil e ciclista na PO-549 Tarrío-Cores pk 6,200 a 7,200. Termo municipal de Vilanova de Arousa

XANEIRO 2021 – Resolución de Fixación de Prezo Xusto Expropiación Itinerario peonil e ciclista na PO-549 Tarrío-Cores pk 6,200 a 7,200. Termo municipal de Vilanova de Arousa

Aos efectos de publicar no taboleiro de anuncios deste Concello, achégolle cédula de notificación de Resolución de Fixación de Prezo Xusto.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1.-Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2.-Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza deGalicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3.-A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4.-En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021Apresidentado Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto – 01931-Itinerario peonil e ciclista na PO-549 Tarrío-Cores pk 6,200 a 7,200. Termo municipal de Vilanova de Arousa

Persoas que se notifican – María Del Pilar Carro Martínez e Outro

Data do acto que se notifica – 19/11/2020

Nº expediente – 20200011083

Predio Prezo Xusto (€) 42,72

DOG-1050-Cambados