PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2021 – PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA A ADOPCIÓN DUN NOVO REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

XANEIRO 2021 – PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA A ADOPCIÓN DUN NOVO REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA A ADOPCIÓN DUN NOVO REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

É vontade desta concellaría a adopción dun Regulamento para a concesión de axudas de emerxencia social dentro do programa básico de inserción social.

Para dotar de seguridade xurídica a esta medida e levala á práctica é polo que se propón a modificación das Bases para a concesión de axudas de emerxencia social dentro do programa básico de inserción social (BOP nº 16 de 26.01.2016) de acordo coa seguinte motivación e coa toma en consideración dos seguintes aspectos, previstos polo artigo133 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas:

a)Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

Facilitar o acceso as axudas ampliando e clarificando os conceptos e cuantías así como facilitar a interpretación dos criterios técnicos das citadas axudas.

b)Necesidade e oportunidade da súa aprobación

Considérase necesaria a aprobación desta medida a través do Pleno, de acordo co procedemento de aprobación dos Regulamentos.

c)Obxectivos da norma

Por un lado o feito de que os criterios interpretativos da aplicación destas axudas sexan mais claros. Por outra banda a adaptación as circunstancias que fan que, nos últimos anos, como consecuencia da grave crises socio-económica ,en especial a provocada pola COVID 19,poidamos garantir á cidadanía a cobertura das necesidades básicas.

d)Posibles solución alternativas, regulatorias e non regulatorias

Resulta necesario adaptar os instrumentos normativos cos que conta o Concello para dar unha maior cobertura con estas axudas de emerxencia social e permitir a súa difusión xeral a través das canles de publicidade que lle son de aplicación. Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos propostos durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no portal de transparencia que se aloxa na web municipal.

Lugar de Presentación:

a) Rexistro do Concello (En papel ou de forma electrónica a través da sede (https://cambados.sedelectronica.gal)

b) Calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Cambados (Asinado dixitalmente)

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA A ADOPCIÓN DUN NOVO REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DENTRO DO PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL