PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2021 – DELEGACIÓN NO CONCELLEIRO D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

XANEIRO 2021 – DELEGACIÓN NO CONCELLEIRO D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

DELEGACIÓN NO CONCELLEIRO D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO

Expte. 4210/2020

Matrimonio civil – Delegación en concelleiro

RESOLUCION DA ALCALDÍA

Debendo celebrarse voda civil, o día 26 de decembro, ás 18’00 horas, polos contraentes Don M.D.O.A. (D.N.I. 35463486Q) e Dona M.D.O.C. (D.N.I. 76865070J), e toda vez que o artigo 51 do Código Civil, en concordancia co artigo 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece, o primeiro, a competencia para autorizar matrimonios civís do Alcalde, ou Concelleiro en quen delegue, e o segundo a atribución da Alcaldía de dispoñer delegacións especiais para cometidos específicos en calquera Concelleiro, anque non pertenza á Xunta de Goberno Local, é polo que, en base ó exposto, pola presente teño a ben,

RESOLVER:

1º.- Delegar no Concelleiro da Corporación de Cambados, D. SAMUEL LAGO OZÓN, para que o día 26 de decembro do ano 2.020, actúe, por delegación desta Alcaldía, na voda civil a celebrar nesta Casa Consistorial, ás 18’00 horas, entre os contraentes Don M.D.O.A. (D.N.I. 35463486Q) e Dona M.D.O.C. (D.N.I. 76865070J); e,

2º.- Que da presente Resolución se dea conta ao Sr. Concelleiro-Delegado e aos contraentes, para o seu coñecemento e oportunos efectos, remitíndose asimismo copia da presente Resolución, xunto co testemuño da realización da voda ó Sr. Xuiz-Encargado do Rexistro Civil de Cambados, para o seu coñecemento e efectos procedentes.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE